Portfolio

EL OTRO YO

Descripción

Entón facía fotografía de rúa ata que fun á casa materna e apareceu  a figurada avoa no recordo, como unha presenza que habitaba as paisaxes dos cuartos interiores que eu empecei a fotografar (1). E pensei en min: “labios rojos … pelo sobre la almohada”. Lembrei o reproche que lle facía á morte por converterme en viúva nova e muller madura para os outros. E tiven que aprender a relacionarme, espida, con eles. Fun desexada, amada e abandonada. Unha e outra vez. Sempre chegaba o final. E en todo final hai abandono, dor, soidade. Unha situación quese repetía unha e outra vez. E aprendín que toda duración é determinada (2). Algunhas veces fun omnipotente e outras dominada. Un día, el reparou na falta de esmalte nunha das miñas uñas. E quedou en silencio.

Pasado o tempo souben que a miña pel era territorio, lugar no que atoparme comigo. E tatuei unha palmeira no brazo. Algún día pensarei sobre a sexualidade.

CRISÁLIDA: estado quiescente previo ao adulto.

MOMIA: Cadáver que, ou ben de forma natural ou ben porque se lle aplicaron
certas substancias, consérvase disecado, sen podrecer. Neste caso: muller
viva envolta cunha segunda e delicada pel translúcida.

(1)_nota do tradutor_ Unha vella carta aos Reis. Queridos Reis Magos: este ano
agradecería non me trouxésedes unha desas monecas de corpo fino e longo pelo de
cor loira. Grazas.

(2)_ noutro caderno aparece anotado: “la mujer mordida no sangra por la herida”.
Poderiamos traducilo como: “todo o meu corpo está ferido” ou “todo o meu corpo”
porque a entrega non pode ser fragmentaria.

Xabier Fernández 2018

 

 

 

Resumen
Compartir