Portfolio

Exposición Estar é ser

Descripción
Estar é Ser es un proyecto que habla sobre la ciudad de Pontevedra, recogiendo el sentir del ser humano en un espacio común, de como el ser humano se relaciona con el medio en el que se mueve a diarioy que pasa a formar parte de un itinerario vital. Estar en el espacio, sentir el espacio.
Se expuso en el Pazo de la Cultura de Pontevedra en el año 2016 , dentro de la 34 edición de la sección oficial del Outono fotográfico , siendo comisario Ramón Rozas y contando con la colaboración del Ayuntamiento de Pontevedra.
“Sem as montadas, os cavaleiros seriam peões.
O lugar é que faz a localidade. Estar é ser” (F. Pessoa)
Estar no espazo. Sentir o espazo. Poucas situacións hai máis atractivas para un creador que plantexar e analizar a través da súa arte a súa relación coa súa contorna. Establecer os fíos que o engudellan co seu ámbito de vida cotiá. Raquel Calviño coa súa cámara amósanos unha especial sensibilidade para achegarse a esacuestión. Cada vez máis firme nas súas miradas e nas súas propostas, a súa posición fronte ao exterior amosa a unha creadora cada vez máis segura da súa aposta. Esa mirada pousase nesta ocasión en Pontevedra, antes o fixo en vilas do Portugal que tanto quere a nosa protagonista. Alí forxou unha mirada que pescudaba o sentir e o ser do ser humano nun espazo común, a relación dos ‘figurantes’ dunha sorte degran escenario para calibrar o que outro fotógrafo, Jordi Bernardó, califica como“a responsabilidade do espectador ante a percepción do real”, unha responsabilidade que xorde de cómo o ser humano se relaciona con esa contorna na que se move a diario e que pasa a formar parte dun itinerario vital. O estar convértese así no ser. Un ser entendido como a sublimación dese estar, o paso adiante que, como na frase de Pessoa, asume que as cousas son en función do eu e dunha presenza que loita contra a ausencia. Somos en tanto que nos relacionamoscon noso mundo e definimos unha posición xunto a el. Raquel Calviño gusta de dialogar dende esas dúas variables de todo escenario urbano, a presencia e a ausencia como compoñentes modificadores do real. Unha dualide que vai estar sempre presente ao longo de toda a exposición tomando distintos matices nas diferentes series que compoñen a mostra.
O certo é que esas series son casi unha soa, plantexándose un percorrido que Raquel Calviño leva rastreando dende hai un ano nas rúas e prazas dunha cidade que fai deses espazos o seu latexo máis íntimo. Un tempo necesario para captar as súas variacións físicas ao longo do día e incluso para establecer vencellos con eses paseantes que, en certos momentos, toman o papel protagonista ao ser eles mesmos os que toman a fotografía. Todo este diario que configuran unhas imaxes ás que se respecta incluso a súa numeración como testemuña desa situación, lembra os propósitos doutro fotógrafo da vida, do pulo do real, como o americano Stephen Shore, que tamén fixo do seu traballo unha sorte de diario no que lonxe de  buscar grandes instantes da existencia o que lle interesaba era reflectir eses “momentos nos que nada ocurre”. Miradas que semellan baleiras pero que lonxe de ser así están cheas de suxerencias e de posibilidades, non só visualmente fermosas e cunha forte carga plástica, senón tamén pola súa capacidade para reflectir elementos que nos poden pasar desapercibidos como os cambios no tempo ou arevisión dunha cidade en constante muda, aínda que non nos demos conta máis que co paso dos anos. Pero os minutos e os segundos tamén fan o seu traballo, de vagar, pero sempre dun xeito constante, e a cámara de Raquel Calviño convértese no rexistro dese tempo suspendido no que ás veces só nós rachamos unha atmosfera que dende a nosa ausencia orixina unha especie de espazo máxico no que os rincóns da cidade, ou os obxectos agochados nos seus comercios, activan o seu protagonismo adormecido.
Mirar á cidade. Eso que pensamos que facemos cada día acada con Raquel Calviño unha nova dimensión, unha faciana nova dentro dun discurso de fondo que nos permite ver a esta cidade como poucas veces se viu, acostumados como estamos a unha visión fosilizada, antiga se se quere, como as que conteñen as postais que se envían para amosar unha cidade que non é esa que aparece nesas imaxes. A nosa protagonista actualiza esa mirada e a converte na mirada do noso tempo, una xeito de mirar que nos fai estar, pero tamén ser.
Ramón Rozas
Resumen
Compartir