Portfolio

Comisariado EL OTRO YO

Descripción

El Otro Yo es un proyecto del Colectivo AlNorte, formado por Cristina Brea, Paula Pez, Raquel Calviño y Rita Ibarretxe.

Se expone por primera vez como exposición colectiva en la Sala Nemonon en Pontevedra en el mes de abril de 2018 y comisariada por Raquel Calviño.

Es un ensayo fotográfico sobre el Alter Ego a través de cuatro trabajos y visiones diferentes sobre la búsqueda de una segunda naturaleza, fuera o dentro de nosotros y que expresa de forma certera el escritor Francisco Castro.

“Se algo aprendín logo de andar xa por aquí algo máis de medio século (algo máis de 616 meses no intre no que escribo isto) é que non aprendín nada. E non, non é volver a Descartes ou a Lacan. Nin sequera a Sócrates. É volver a cada un de nós. Curioso, non? Andamos todo o tempo con nós e non sabemos quen somos e, mentalizádevos, é imposible sabelo. E vou máis aló: case que mellor non sabelo. 

liberdade é dolorosa pero consiste niso: en aceptar que no fondo non somos. Se algo existe  se é nomeado (a Filosofía leva toda a vida bebendo desa hipótesenós non existimos de todo porque somos aprehensibles. Ou sómolo para o resto pero nunca para nós. E lonxe de convertir a existencia nalgo volátil, éter deformante que levaría ao relativismo ou aos fanatismos relixiosos ou políticos, o que nos , como digo, é liberdade. Podemos ser o que queiramos. Podemos ser quen queiramos. Podemos amar máis aló do ben e do mal. Espidos de verdade e non   de pel. 

Daquela, que nos queda? Investigar. E facelo, como Wittengenstein  anunciou, caendo do lado do amosar maís que do dicirOu sexarecurrindo á arte. 

Unha das sublimes é a fotografía. Que se un o pensa ben tampouco é para tanto. Vai de química. Vai de imprimir sobre un soporte (aínda que sexa unha amalgama de bits) o que ve antes un ollo. Pero, claro, na mirada é onde está a clave. Da arte. Do amor. Da política. Do sexo. 

Da vida. 

Estas catro artistas é o que fan: ter un ollo. Un ollo que son tres e son un. Nas exposicións (artistas espidas, coma quen escribe un libro ou asina unha película) todo o que se expón forma parte da mesma realidade. Por iso digo un  ollo aínda que sexan seis. Porque eu, como espectador que aspiro a saber (eu si podo, non son ningunha das fotógrafas) quen son estas catro mulleres, recibo as imaxes coma un todo. Cordasescaleirascorpos case núosmans que apreixan o aire. Tanto ten quen as propoña. Son catro ollos que son cerebros que son corpos que son pel que son política, reflexionando sobre elas, sobre nós e, claro, sobre min.”

 FRANCISCO CASTRO 

Marzo de 2018

 

Resumen
Compartir